Histórico

Aberto o prazo de inscrición para a Olimpíada Matemática de 2º ESO

Xa temos á vista a Olimpíada Matemática de 2o da ESO do ano 2025, onde seguiremos as dinámicas establecidas nos últimos anos animándovos a que participedes e envolvades ao voso alumnado. Trátase dunha actividade enfocada á creatividade, reflexión e aplicación á resolución de problemas dos instrumentos matemáticos que aprendemos a utilizar no noso día a día. […]

Aberto o prazo de inscrición para a Olimpíada Matemática de 2º ESO Ler máis »

XVIII Feira Matemática

O lema deste ano para a nosa Feira Matemática é “A maxia das Matemáticas”, o que vos pode dar unha idea para a preparación de actividades ou material. Nesta ligazón podedes descargar o material elaborado por Antonio Arroyo Miguel, pertencente á Sociedad Castellano y Leonesa de Educación Matemática «Miguel de Guzmán». A celebración, dedicada a

XVIII Feira Matemática Ler máis »

IV Día de GeoGebra de Galicia

Este ano, o Día GeoGebra de Galicia volve con forza!  A cita será o 15 de febreiro de 2025 no IES As Lagoas, en Ourense. Trátase dunha oportunidade única para compartir experiencias, aprender novas ferramentas e desfrutar do potencial educativo de GeoGebra. Xa está aberto o prazo para que o profesorado interesado poida presentar unha comunicación

IV Día de GeoGebra de Galicia Ler máis »

Vídeos XXI JAEM

Xa están dispoñibles os vídeos das conferencias plenarias das XXI JAEM. Facendo clic aquí podedes acceder á nosa páxina de congresos, onde atoparedes a ligazón aos mencionados vídeos, á páxina web do congreso e ás presentacións das actividades do mesmo.

Vídeos XXI JAEM Ler máis »

Xornada de formación SGAPEIO – AGAPEMA 2024

A Sociedade Galega para a Promocion da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) e a Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) organizan a XII XORNADA DE FORMACIÓN PARA ELABORAR PROXECTOS DE ESTATÍSTICA. Esta xornada está dirixida a profesorado de materias STEM de educación secundaria en centros públicos e concertados. Impartirase nunha única edición presencial

Xornada de formación SGAPEIO – AGAPEMA 2024 Ler máis »

Día escolar das Matemáticas: Maxia e Matemáticas

Vense de presentar o caderno do Día Escolar das Matemáticas. Este ano dedicado a Maxia e Matemáticas. O material foi elaborado por Antonio Arroyo Miguel, da Sociedad Castellano Leonesa de Educación Matemática “Miguel de Guzmán”. Facendo clic aquí tedes acceso á nova que aparece na páxina da FESPM (Federación Española de Sociedades de Profesorado de

Día escolar das Matemáticas: Maxia e Matemáticas Ler máis »

Scroll ao inicio