Feira Matemática
Feira Matemática
Feira Matemática
Dende o ano 2000 celébrase en España o 12 de maio como Día Escolar das Matemáticas e en Agapema, na Zona de A Coruña, celebrámolo dun xeito especial, cunha FEIRA MATEMÁTICA.
A Feira Matemática é unha xornada pensada para a divulgación das Matemáticas e dirixida aos alumnos e alumnas de Educación Infantil, Primaria, ESO, BAC e Formación Profesional así como ó profesorado de Matemáticas e a todo o público en xeral.
O propósito co que se idea este evento é o de crear un espazo educativo no ámbito matemático, coa vontade de:
• Intercambiar coñecementos, experiencias e procedementos.
• Mostrar aspectos do proceso de aprender e ensinar matemáticas nun ámbito non formal, libre e espontáneo, no que participan nenos, pais, profesores e público en xeral.
• Concienciar á sociedade da necesidade de posuír a suficiente educación matemática que nos permita interpretar feitos elementais do acontecer cotiá.
• Disfrutar das matemáticas e reivindicalas no seu aspecto práctico, lúdico e educativo.
Para iso formulamos os seguintes obxectivos:
• Afondar no ensino – aprendizaxe das Matemáticas nas etapas de Infantil, Primaria e Secundaria.
• Utilizar os distintos postos da FEIRA para acadar unha intercomunicación social matemática, lúdica, práctica e agradable.
• Mostrar á sociedade aspectos relacionados coas matemáticas e recoller dela todo o seu saber popular dentro desta materia.
• Vincular o que se fai nas aulas coa realidade e viceversa.
• Animar a nenos e maiores a resolver problemas diversos.
Coa celebración da XVIII Feira Matemática 2025 o 22 de marzo, os nosos concursos chegaron á súa fin.
Pincha sobre cada un dos links para acceder á acta do concurso cos premiados de cada unha das categorías:
– XIV Certame MatMonólogos 2025
– XVII Concurso Fotografía Matemática 2025
Parabéns aos premiados e ás premiadas e moitas grazas a todos pola vosa participación. Vémonos na seguinte edición da Feira Matemática, no 2026 e preparádevos para os concursos matemáticos de AGAPEMA.
- Edición 2024
- Edición 2023
- Edición 2022
- Edición 2019
- Edición 2018
- Edición 2017
XIX Feira Matemática
Últimas actualizacions Edición 2026
RESUMO DE INFORMACIÓN ÚLTIMA EDICIÓN:
- Edición: XIX Feira Matemática
- Lema: “Pensamento computacional e intelixencia artificial”
- Data: 14 de marzo de 2026
- Horario: De 11:00h a 20:00h
- Lugar: “Hall de Proa” Palexco, A CORUÑA
- Alumnado: Todas as etapas
- Participación: Grupo
- Prazo: Ata o 28 de febreiro de 2026 (ou ata completar aforo)
- Inscrición: Aberto o prazo de inscrición.
CONCURSOS CONVOCADOS:
- Concursos:·
- Inscrición: Aberta para os tres concursos. Bases e acceso á participación nas ligazóns correspondentes ou na ligazón ao Mateblog
- Prazo: Ata o 27 de febreiro de 2026
- Votación: Do 4 ao 11 de marzo de 2026
- Participantes: Estudantes de calquera nivel, profesorado ou calquera que o desexe.
- Bases dos concursos: MATEBLOG
Comisión organizadora
- José Francisco Balsa González (CIFP Universidade Laboral, Culleredo)
- César Docanto Vázquez (IES David Buján, Cambre)
- Óscar Dominguez Perez (CFR de A Coruña)
- Alberto Fortes Novoa (IES Garcia Barbón, Verín)
- Santiago López Arca (profesor xubilado)
- Isabel Miguélez Pose (profesora xubilada)
- Mª Cristina Naya Riveiro (Fac. Ciencias da Educación. Univ. da Coruña)
- Mª Pilar Orizales Teijeiro (IES Monte das Moas, A Coruña)
- Carmen Peñamaría Ramón (profesora xubilada)
- Marisol Pérez Blanco (profesora xubilada)
- Sandra Sambade Nieto (IES Miraflores, Oleiros)
- Elena Segade Pampín (IES Alfredo Brañas, Carballo)
- Raquel Seisdedos Hermo (IES Eduardo Blanco Amor, Culleredo)
- Enrique de la Torre Fernández (profesor xubilado)
- Mercedes Vázquez Catoira (profesora xubilada)
- Mª Alicia Vázquez Veiga (profesora xubilada)
- Francisco Vila Baleato (IES Rego de Trabe, Culleredo)
Novas recentes
XIX Feira Matemática
O lema deste ano para a nosa Feira Matemática é “Pensamento computacional e intelixencia artificial”, o que vos pode dar unha idea para a preparación ...
Colaboradores

















