cabezallo

Desde o Instituto GeoGebra de Galicia, que forma parte da Asociación Galega de Profesores de Matemáticas (AGAPEMA), abrimos a convocatoria do III Día GeoGebra de Galicia, que terá lugar o vindeiro 20 de maio no IES As Barxas de Moaña en horario de 9:30 a 19:30 h (homologando 8 horas de formación ).

Convidámoste a participar en calquera das dúas modalidades seguintes:

Se precisas aloxamento en Moaña para participar nesta actividade,  terás un desconto no Hotel Bienestar de Moaña empregando o código GEOGEBRA23

Día GeoGebra de Galicia 2023 6

  

Programa_Dia_Geogebra_Galicia_2023.pdf

Cartel         Programaigg

 

As sesións do II Día GeoGebra de Galicia retransmitíronse en streaming. Pódense ver agora todos os videos neste enlace: https://www.youtube.com/channel/UCYxeHB8NiFbkyhrYyNX6-rQ

O Instituto GeoGebra de Galicia (IGG) e a Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) convocan o II Día GeoGebra de Galicia (2DGG), unha xornada de traballo sobre o programa de xeometría dinámica GeoGebra, a celebrar o sábado 25 de marzo de 2017 na Facultade de Ciencias da Educación, Campus de Elviña, A Coruña.

Esta xornada está aberta a todo o profesorado de calquera nivel educativo, que queira iniciarse ou afondar no coñecemento desta ferramenta que permite traballar calquera contido de matemáticas, non soamente a xeometría.

Así mesmo invítase a que se presenten experiencias ou ideas para desenvolver co GeoGebra nos diferentes niveis educativos. Para as comunicacións disporase de 20 minutos máis outros 5 para coloquio.

Haberá dous obradoiros, un de iniciación e outro de afianzamento, que se desenvolverán en sesións de mañá e tarde.

Teremos dous poñentes invitados, Agustín Carrillo de Albornoz (del I.G. de Andalucía) e Francisco Botana (del I.G. de Galicia).

 

 

Conferencia Inaugural: "GeoGebra, Ensinanza e Matemáticas", José Manuel dos Santos (I.G. de Portugal)

Resumo:Nesta charla, presentamos algunhas aplicacións de GeoGebra para ver obxectos en 3D e 4D, promovendo a comprensión dos conceptos e as súas propiedades inherentes. Menciónanse, brevemente, as primeiras experiencias en tres dimensións, a forma como se fixeran a exploración dos conceptos e a representación de obxectos fractáis.
Descríbese unha primeira experiencia no uso de GeoGebra con capacidades 3D nunha clase de estudantes do 10º grao da educación secundaria, seguido dunha mostra de novas capacidades do GeoGebra, dispoñibles a partir da versión 4.9 beta, tales como: a manipulación de obxectos planos no espazo; a representación de funcións vectoriais reais dunha ou dúas dimensións de dúas variables reais, utilizando a técnica do dominio de coloridos no caso de catro dimensións.

Conferencia de Clausura: Vendo o invisible con GeoGebra, Rafael Losada (I.G. de Cantabria)

Resumo: Con GeoGebra podemos visualizar as relacións existentes entre distintos obxectos matemáticos sen necesidade de coñecer nin a súa expresión alxébrica nin saber construílos. Esta visualización non só axuda a unha mellor comprensión das relacións implicadas senón que constitúe un método particularmente valioso na investigación do seu comportamento e no descubrimento de novas relacións.

Obradoiro de Iniciación: Grupo XeoDin (Esperanza Gesteira, Ignacio Larrosa y Fernando Zacarías, I.G. de Galicia)

Obradoiro de Afianzamento:  José Manuel dos Santos (I.G. de Portugal)

Comunicacións:

C-1:   Vectores con GeoGebra en 1º de Bacharelato. López Pérez, Paula; Rodríguez Díaz, Ana; Varela Rodríguez, Marta Esther; Crespo Otero, Alfredo. IES As Mariñas.
Trataremos os contidos que vimos con GeoGebra nos temas de Vectores e Xeometría analítica, problemas afíns e métricos, e como afrontamos ditos problemas nos exames co programa

C-2:   Álxebra con GeoGebra en 3º de ESO. Arcay López, Laura; Cagiao Tedín, Laura; Veiga Presa, Laura; Veiga Couceiro, Diego; Yáñez Cagiao, Alejandro. IES As Mariñas.
Trataremos o que vimos na clase e como afrontamos os exames con GeoGebra nos temas de fraccións alxébricas, ecuacións e sistemas.

C-3:   Xeometría analítica. Problemas afíns e métricos con GeoGebra en 1º de Bacharelato. López Pérez, Paula; Rodríguez Díaz, Ana; Varela Rodríguez, Marta Esther; Crespo Otero, Alfredo.IES As Mariñas.
Trataremos os contidos que vimos con GeoGebra nos temas de Vectores e Xeometría analítica, problemas afíns e métricos, e como afrontamos ditos problemas nos exames co programa.            

C-4:   Funcións co GeoGebra.Blanco Cao, Sheila; Carnota Bello, Lidia; Rodríguez Mato, Silvia. IES Nº 1 de Ordes.
Estudio gráfico das características das funcións, dominio, percorrido, simetrías. Analízanse as operacións con funcións, tanto dende o punto de vista gráfico , como alxébrico. Translación e dilatación de funcións. Estudio da inversa dunha función.

C-5:   Resolución de sistemas de ecuacións lineais, non lineais e inecuacións con GeoGebra. Blanco Mira, Lucía; Pérez López, Paula; Danis Viqueira, Ainhoa. IES Nº 1 de Ordes.
Estudio  gráfico da resolución de sistemas de ecuacións lineais. Problemas que presenta a resolución gráfica de sistemas con ecuacións non lineais, e procedementos para salvar estas dificultades. Estudio da Rexión factible e o cálculo de vértices.

C-6:   Xogos en GeoGebra: Pong. Lobeiras Blanco, Jacobo. Facultade de Ciencias da Educación. Universidade da Coruña.
Usarase o antigo xogo "Pong" como exemplo sinxelo para demostrar os conceptos básicos necesarios para abordar a elaboración de xogosen GeoGebra. Empregando as mesmas estratexias é posible construír outros xogos, animacións, parametrizar con fins didácticas ou actividades cun alto grao de interactividade (pequenos crebacabezas de lóxica ou xogos de azar probabilísticos). Aínda que a proposta pode servir como pequena introdución á programación máis xeral, en realidade apenas necesítanse usar funcións de linguaxe de scripting ("IniciarAnimacion" e "Valor"). Isto fai que mesmo poida ser apto para estudantes que se estean a familiarizar con GeoGebra.

C-7:   Calculadora de Programación Lineal. Sánchez Pereira, Iván. Colexio Santa Mª del Mar.
Presentación de construcións para o ensino e aprendizaxe da Programación Lineal na etapa de Bacharelato.

C-8:   Se a vida é un bingo, GeoGebra unha oportunidade.... Ruíz Núñez, Rosa María. Facultad de Educación "Duques de Soria" (Universidad de Valladolid).
​Para comezar a utilizar GeoGebra na aula necesitamos a nosa experiencia docente e os coñecementos matemáticos que posuímos. Pero, ademais, existe un requisito fundamental: contar cos nosos alumnos. Calquera proposta didáctica tería pouco sentido se non está destinada a satisfacer as súas necesidades de aprendizaxe.
Esta comunicación está baseada nunha experiencia que estou a levar a cabo con alumnos de 1º curso de Grao en Primaria, na materia "Fundamentos Numéricos e estratexias didácticas para o seu ensino", pero moi ben podería utilizarse nos dous primeiros cursos de ESO. O contido matemático, o cálculo.
Con ela quero demostrar que aprender con eles sempre é posible.

C-9:   Mosaicos para teselar o plano. Maneiro Catoira, Roberto. IES Rafael Puga Ramón.
a) Construción dun hexágono regular a partires dun hexágono irregular. b) Construción dun hexágono regular a partires dun trapecio isósceles. Ámbolos dous casos teselan o plano.

C-10:   Actividade interdisciplinar co departamento de Galego. Maneiro Catoira, Roberto. IES Rafael Puga Ramón.
Rosetóns de templos galegos con Geogebra.

Fotos           Cartel             Programa            Descarga de Materiais

O sábado día 11 de abril celebramos o 1º Día GeoGebra de Galicia na Facultade de Ciencias da Educación, Campus de Elviña, A Coruña.

Tivemos unha moi boa asistencia. Inaugurou a xornada a Decana da Facultade de Cc. da Educación, Ana Iglesias Galdo, quen agradeceu a asistencia e recordou a importancia de realizar estas convocatorias para traballar xuntos na mellora e posta al día das metodoloxías educativas, o que, sinalou, é máis de agradecer nestes tempos difíciles.

Tanto na conferencia inaugural, impartida polo profesor José Manuel dos Santos, da Escola Politécnica de Porto, como na conferencia de clausura, impartida polo profesor Rafael Losada, do IES de Pravia, o Salón de Grados estaba cheo.

Nos obradoiros e nas comunicacións simultáneas, os asistentes repartíronse polas distintas aulas aproveitando os coñecementos que profesores e tamén estudantes compartiron con nós.

Foi unha proveitosa xornada que temos a intención de manter os vindeiros anos.

Hai que sinalar tamén a realización dos Obradoiros Previos que se realizaron, gracias ao esforzo de varios compañeiros, nas cidades de Santiago, Pontevedra, Vigo, Lugo, Sada e Coruña. Nestes Obradoiros participaron corenta persoas que se iniciaron no coñecemento do programa GeoGebra e desa maneira puideron facer un mellor aproveitamento do Día GeoGebra.

En poucos días estarán dispoñibles os materiais dos poñentes.

Fotos        Cartel           Programa              Crónica             Descarga de Materiais

O Instituto GeoGebra de Galicia (IGG) e a Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) convocan o Día GeoGebra de Galicia (DGG), unha xornada de traballo sobre o programa de xeometría dinámica GeoGebra, a celebrar o sábado 11 de abril de 2015 na Facultade de Ciencias da Educación, Campus de Elviña, A Coruña.

Esta xornada está aberta a todo o profesorado de calquera nivel educativo, que queira iniciarse ou afondar no coñecemento desta ferramenta que permite traballar calquera contido de matemáticas, non soamente a xeometría.

Así mesmo invítase a que se presenten experiencias ou ideas para desenvolver co GeoGebra nos diferentes niveis educativos. Para as comunicacións disporase de 20 minutos máis outros 5 para coloquio.

Haberá dous obradoiros, un de iniciación e outro de afianzamento, que se desenvolverán en dúas sesións, de mañá e tarde.

Teremos tres poñentes invitados, Agustín Carrillo de Albornoz (del I.G. de Andalucía), José Manuel dos Santos (del I.G. de Portugal) e Rafael Losada (del I.G. de Cantabria), que intervirán nos obradoiros e nas dúas conferencias.

A inscrición é gratuita.

Para todos aqueles que teñan a intención de participar nesta xornada e non coñezan o GeoGebra ou o coñezan pouco, realizaranse uns Obradoiros Previos ao DGG durante a primeira quincena do mes de marzo, en varias localidades de Galicia. Para iso deberán solicitar aquí a participación nestes obradoiros, indicando o seu centro de traballo, e a localidade onde residen ou onde lles sería máis doado asistir ao obradoiro (O formulario pechouse o 20 de febreiro).

Tense a intención de dispoñer de dúas tardes para iniciar o traballo con este programa, dando as primeiras indicacións para empezar a traballar co GeoGebra e dando resposta ás cuestións que se poidan formular. Para isto precisaremos de persoas voluntarias que xa coñezan un pouco o programa e poidan axudar a outros, así que se alguén quere estar ao fronte dalgún destes obradoiros iniciais, tamén pode inscribirse nese mesmo formulario, indicando tamén a zona onde o podería impartir, logo a organización poñeríase en contacto con el para proporcionarlle un sinxelo guión de cómo organizar o obradoiro.

Unha vez que se teñan as solicitudes de participación nestes Obradoiros Previos, a organización estudará a mellor maneira de organizalos, para tratar de que os desprazamentos sexan mínimos e comunicará as datas e a localidade ás persoas preinscritas. A realización destes obradoiros previos dependerá do número de persoas que o soliciten.