SOLICITUDE DE USO DA CALCULADORA NAS PROBAS OFICIAIS RELACIONADAS CO ENSINO SECUNDARIO

A asociación de profesores de matemáticas (AGAPEMA) solicita da administración educativa competente a clarificación sobre o uso da calculadora nas distintas probas oficiais convocadas pola Consellería de Educación.

A consulta refírese, de xeito máis concreto, á permisividade do seu uso na proba de avaliación de diagnóstico convocada na resolución do 3/12/2010, e tamén na próxima probas de acceso a ciclos de Grao Medio.

AGAPEMA agarda que a resposta sexa afirmativa, e aporta algúns argumentos referidos ao curso de 2º de ESO nos seguintes parágrafos.

O Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 13 de xullo de 2007) indica no seu obxectivo nº 5 que é preciso “ … Utilizar de forma adecuada os distintos medios tecnolóxicos (calculadoras, ordenadores, etc.) para realizar cálculos numéricos ou alxébricos,comprobar propiedades xeométricas, buscar, tratar, representar e transmitir informacións de índole diversa e como axuda na aprendizaxe”

Así mesmo, no bloque de contidos de primeiro curso podemos ler “… Utilización de ferramentas tecnolóxicas para facilitar os cálculos de tipo numérico, alxébrico ou estatístico, as representacións funcionais e a comprensión de propiedades xeométricas”. No Bloque de números, tamén de primeiro curso pídese a “ .. Elaboración e utilización de estratexias persoais para o cálculo mental, para o cálculo aproximado e con calculadoras”.

Poderíamos continuar enumerando distintos parágrafos de tódolos cursos de secundaria nos que se pide explicitamente o coñecemento e uso axeitado desta ferramenta, que tamén debe ser avaliado. Se non se pode empregar a calculadora na proba o profesor se decantará pola non utilización desta nas clases, caendo nunha contradición respecto das recomendacións do Decreto.

Un razoamento similar pódese ver no informe PISA 2009, Key competencies in reading, mathematics and science[1].A política de PISA é permitir aos estudantes usar a calculadora na proba si é o que fan habitualmente na aulapara non prexudicalos.

No noso caso estamos a dar un paso importante cara á introdución de ferramentas tecnolóxicas e á modernización do ensino co proxecto ABALAR. Parece lóxico que si os nenos de 1º están a manexar un miniportátil, os de 2º deben, polo menos, empregar unha calculadora. Isto favorecerá o desenvolvemento da proba, e axudará á motivación dos alumnos, xa que a referencia que temos do ano 2009 é que non remataron algúns dos problemas por estar cansos de facer contas con decimais.

Finalmente, ao non existir unanimidade á hora de decidir as ferramentas que se empregan nas probas  nas distintas autonomías (nalgunhaspermitiuse o uso de calculadora e noutras non), os resultados quedan desvirtuados, e desfavorecen aos alumnos galegos.


[1] Aids and tools

PISA policy allows students to use calculators and other tools as they are normally used in school.

This represents the most authentic assessment of what students can achieve, and provides the most informative comparison of the performance of education systems. A system’s choice to allow students to access and use calculators is no different, in principle, from other instructional policy decisions that are made by systems and are not controlled for by PISA.

Students who are used to having a calculator available to assist them in answering questions would be disadvantaged if this resource were taken away. http://www.oecd.org/dataoecd/11/40/44455820.pdf

Resposta da Consellería

Resposta da Consellería sobre as probas de acceso a ciclos de Grao Medio

A Sociedade de Estatística e Investigación operativa (SEIO), recoñecendo a importancia da aprendizaxe da estatística no ensino non universitario, por proposta da Comisión de Educación e Divulgación (CED-SEO), decidiu, en 2005,  convocar anualmente un Concurso de Proxectos Educativos en Estatística e Investigación operativa para promover o desenvolvemento de materiais dedidácticos nas áreas do Ensino Secundario e Bacharelato.

Aquí podes atopar as bases da convocatoria do concurso

Formulario de inscrición

Documento de constitución do Instituto GeoGebra de Galicia:

Artículos:

Actas de reuniones:

Informes anuais:

As sesións do II Día

https://www.youtube.com/channel/UCYxeHB8NiFbkyhrYyNX6-rQ

O Instituto GeoGebra de Galicia (IGG) e a Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) convocan o II Día GeoGebra de Galicia (2DGG), unha xornada de traballo sobre o programa de xeometría dinámica GeoGebra, a celebrar o sábado 25 de marzo de 2017 na Facultade de Ciencias da Educación, Campus de Elviña, A Coruña.

Esta xornada está aberta a todo o profesorado de calquera nivel educativo, que queira iniciarse ou afondar no coñecemento desta ferramenta que permite traballar calquera contido de matemáticas, non soamente a xeometría.

Así mesmo invítase a que se presenten experiencias ou ideas para desenvolver co GeoGebra nos diferentes niveis educativos. Para as comunicacións disporase de 20 minutos máis outros 5 para coloquio.

Haberá dous obradoiros, un de iniciación e outro de afianzamento, que se desenvolverán en sesións de mañá e tarde.

Teremos dous poñentes invitados, Agustín Carrillo de Albornoz (del I.G. de Andalucía) e Francisco Botana (del I.G. de Galicia).

Aprender ya no es memorizar

Santiago 19-12-2010

Los más importantes son los más difíciles de cambiar, en opinión del presidente de la Asociación Gallega de Profesores de Matemáticas (Agapema), Manuel Díaz Regueiro. Esfuerzo y aprecio por la tarea del docente son fundamentales para él. “No tenemos una cultura en la que los alumnos se esfuercen y .

 

Xa está aberto o prazo para a inscrición nunha nova edición dos cursos a distancia Thales-Cica. Tedes todada información sobre os cursos ofertados e o procedemento de inscrición na seguinte web:
https://mileto.cica.es/cursos/
Lembrade que os socios e socias de AGAPEMA teñen acceso aos mesmos beneficios na matrícula que os socios da Thales.

 Inscrición web 2011

Os Rallyes anteriores

O 21 de marzo de 2011, celébrase o Rallye 2011

 Rallye Matemático sen Fronteiras 2011, celébrase o día 21 de marzo de 2011

Quen vixia a quen

Proba

O resultado da corrección da proba do Rallye é

1º premio 3ºA do IES Alexandre Bóveda de Vigo Profesora Ana Rosalía Fernández Otero

2º premio 3º A do CPI de Mondariz, Profesora Aia Rodríguez Somoza,

1º premio de cuarto, 4º Eso matemáticas B do CPI Alfonso VII de Caldas de Reis, profesora Marina Germiñas Miguéns

4º A do IES Auga da Laxe, profesora Oliva Pena Comesaña

Parabéns a todas e a todos os grupos gañadores e participantes

Pode que non sexa excesivamente significativa a diferencia entre Galicia e o resto de España, EEUU e Rusia, pero o que si é certo é que estamos por riba deles nas probas de matemáticas PISA

Scroll ao inicio