Xa temos aberto o prazo para a participación na Olimpiada Matemática 2022 de 2º da ESO.

  • O prazo de inscrición remata o 25 de marzo.
  • A Fase de Zona será o xoves 21 de abril.
  • A Fase Final Galega en Lugo o 26 de maio.
  • A finais de xuño terá lugar a Fase Final Española en Albacete e Cuenca,

Podes consultar o calendario coas bases, datas, prazos, formularios de inscrición e problemas doutros anos da Olimpiada premendo aquí

Anímate a participar!

A Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) na súa intención de establecer e manter vivo o contacto permanente cos Centros de Educación Primaria e co seu profesorado, especialmente co de matemáticas, convoca por 22ª vez esta actividade coa finalidade de contribuír á mellora da educación en xeral, e do proceso de ensinanza – aprendizaxe das matemáticas en particular.

O equipo gañador desta edición será convidado a participar na fase final da OMNA (Olimpíada Matemática Nacional Alevín), que terá lugar nas Illas Canarias no mes de xuño de 2023.

Trátase dunha actividade que tenta fomentar o espírito cooperativo e de traballo en grupo. De aí a súa estrutura e o seu desenvolvemento. As actividades matemáticas a desenvolver serán variadas, alternándose as de tipo manipulativo coas de dedución e razoamento, de xeito que motiven aos participantes.

Os centros que desexen participar formalizarán, antes do 1 de marzo de 2022, a súa inscrición en liña, indicando o número de equipos (un por clase) que van a participar e o profesorado responsable da participación, no formulario de inscrición

Para calquera comunicación coa organización débese utilizar o correo electrónico rebumbio@agapema.org

Na gran final da Olimpiada Matemática Galega de 2º de ESO, o xurado destaca, no marco dun traballo xeral de altísima calidade, os seguintes participantes:

“Premio mellor equipo do Circuito Matemático” ao grupo “José Rodríguez, matemático do Berbés”

“Premio á Beleza Matemática” para Valentín Magdalena de IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela

Os 3 finalistas, representantes de Galicia na fase española son:

Brais Rodríguez Rodríguez do IES Río Cabe de Monforte de Lemos

Lara López Suárez do IES Xulián Magariños de Negreira

Daniel Piqueras Valle do IES Perdouro de Burela

A fase española celebrarase en Valladolid do 21 ao 25 de xuño. Toda a info aquí

Os gañadores e gañadoras fostes todos e todas vós

Vídeo resumo realizado pola Fundación TIC

Estes son os 40 finalistas por orde ALFABÉTICA clasificados/as para a fase final galega a celebrar en Lugo o xoves 18 de maio.

Podes consultar o programa desta fase final aquí

A CORUÑA 
  
Barba Cepedello, LuisIES María Casares
Calviño Leis, RitaIES Ramón Otero Pedrayo
Costa Pailos, UxíaIES Ramón Otero Pedrayo
Galán Rodríguez, ManuelIES Isidro Parga Pondal
Martínez López, DiegoCompañía de María
Martiñán Suárez, GonzaloPeñarredonda
Rodríguez Ramos, PabloCompañía de María
FERROL 
  
Martín Aguilar, FernándezIES Saturnino Montojo
Lucía Couceiro PoloCPI As Mirandas – Ares
Daniel Grande FernándezIES As Telleiras
LUGO 
  
Lorenzo Castro RodríguezIes Lucus Augusti
Marcela Miñambres PardoIes de Becerreá
Daniel Piqueras ValleIes Perdouro
Brais Rodríguez RodríguezIes Río Cabe
  OURENSE 
  
Mateo Diaz GómezIes “Eduardo Blanco Amor”
Brais Fortes MartinezCpr Maria Auxiliadora
Alejandro Gómez GonzálezIes O Couto
Laura, Rodriguez EstravizIes Castro De Baronceli
PONTEVEDRA 
  
Sócrates Agudo TorradoIES Miguel Ángel González Estevez
Inés Alba Vázquez CPR Filipenses
Celia Castelo GajinoCPR Calasancio
Ariadna Lorenzo PoncelaIES Sánchez Cantón
Marcelo Míguez Torres IES Sánchez Cantón
María Rodríguez JuncalCPR Sagrado Corazón de Placeres
SANTIAGO 
  
Caneda Pájaro, AndreaIES Maruxa Mallo
Figueroa Martínez, AntónIES de Sar
González Seijo, ErnestoColexio Manuel Peleteiro
López Suárez, LaraIES Xulián Magariños
Magdalena Sánchez, ValentínIES Rosalía de Castro
Rama Villasenín, ManuelIES Maruxa Mallo
Souto Pazó, DanielIES Brión
VIGO 
  
Víctor Adrover AmadoIes A Sangriña
Sul Baz OliveiraIes A Sangriña
Alba Lorenzo FernándezIes Coruxo
Ismael López GalloIes Álvaro Cunqueiro
Iria Martínez VillaIes A Sangriña
Irea Obeso ÁlvarezIes Do Castro
Rodrigo Silveira FrancoIes Do Castro
Alba Suárez TapiaIes Politécnico
Daniel Valiño CarneiroCpr Montesol

Parabéns ás/aos finalistas. Vémonos en Lugo!

Descargar Cartel
Descargar Programa

As sesións do II Día GeoGebra de Galicia retransmitíronse en streaming. Pódense ver agora todos os videos neste enlace:

https://www.youtube.com/channel/UCYxeHB8NiFbkyhrYyNX6-rQ

O Instituto GeoGebra de Galicia (IGG) e a Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) convocan o II Día GeoGebra de Galicia (2DGG), unha xornada de traballo sobre o programa de xeometría dinámica GeoGebra, a celebrar o sábado 25 de marzo de 2017 na Facultade de Ciencias da Educación, Campus de Elviña, A Coruña.

Esta xornada está aberta a todo o profesorado de calquera nivel educativo, que queira iniciarse ou afondar no coñecemento desta ferramenta que permite traballar calquera contido de matemáticas, non soamente a xeometría.

Así mesmo invítase a que se presenten experiencias ou ideas para desenvolver co GeoGebra nos diferentes niveis educativos. Para as comunicacións disporase de 20 minutos máis outros 5 para coloquio.

Haberá dous obradoiros, un de iniciación e outro de afianzamento, que se desenvolverán en sesións de mañá e tarde.

Teremos dous poñentes invitados, Agustín Carrillo de Albornoz (del I.G. de Andalucía) e Francisco Botana (del I.G. de Galicia).

Conferencia Inaugural: GeoGebra, Ensinanza e Matemáticas, José Manuel dos Santos (I.G. de Portugal)

Resumo:Nesta charla, presentamos algunhas aplicacións de GeoGebra para ver obxectos en 3D e 4D, promovendo a comprensión dos conceptos e as súas propiedades inherentes. Menciónanse, brevemente, as primeiras experiencias en tres dimensións, a forma como se fixeran a exploración dos conceptos e a representación de obxectos fractáis.
Descríbese unha primeira experiencia no uso de GeoGebra con capacidades 3D nunha clase de estudantes do 10º grao da educación secundaria, seguido dunha mostra de novas capacidades do GeoGebra, dispoñibles a partir da versión 4.9 beta, tales como: a manipulación de obxectos planos no espazo; a representación de funcións vectoriais reais dunha ou dúas dimensións de dúas variables reais, utilizando a técnica do dominio de coloridos no caso de catro dimensións.

Conferencia de Clausura: Vendo o invisible con GeoGebra, Rafael Losada (I.G. de Cantabria)

Resumo: Con GeoGebra podemos visualizar as relacións existentes entre distintos obxectos matemáticos sen necesidade de coñecer nin a súa expresión alxébrica nin saber construílos. Esta visualización non só axuda a unha mellor comprensión das relacións implicadas senón que constitúe un método particularmente valioso na investigación do seu comportamento e no descubrimento de novas relacións.

Obradoiro de Iniciación: Grupo XeoDin (Esperanza Gesteira, Ignacio Larrosa y Fernando Zacarías, I.G. de Galicia)

Obradoiro de Afianzamento:  José Manuel dos Santos (I.G. de Portugal)

Comunicacións:

C-1:   Vectores con GeoGebra en 1º de Bacharelato. López Pérez, Paula; Rodríguez Díaz, Ana; Varela Rodríguez, Marta Esther; Crespo Otero, Alfredo. IES As Mariñas.
Trataremos os contidos que vimos con GeoGebra nos temas de Vectores e Xeometría analítica, problemas afíns e métricos, e como afrontamos ditos problemas nos exames co programa

C-2:   Álxebra con GeoGebra en 3º de ESO. Arcay López, Laura; Cagiao Tedín, Laura; Veiga Presa, Laura; Veiga Couceiro, Diego; Yáñez Cagiao, Alejandro. IES As Mariñas.
Trataremos o que vimos na clase e como afrontamos os exames con GeoGebra nos temas de fraccións alxébricas, ecuacións e sistemas.

C-3:   Xeometría analítica. Problemas afíns e métricos con GeoGebra en 1º de Bacharelato. López Pérez, Paula; Rodríguez Díaz, Ana; Varela Rodríguez, Marta Esther; Crespo Otero, Alfredo.IES As Mariñas.
Trataremos os contidos que vimos con GeoGebra nos temas de Vectores e Xeometría analítica, problemas afíns e métricos, e como afrontamos ditos problemas nos exames co programa.            

C-4:   Funcións co GeoGebra.Blanco Cao, Sheila; Carnota Bello, Lidia; Rodríguez Mato, Silvia. IES Nº 1 de Ordes.
Estudio gráfico das características das funcións, dominio, percorrido, simetrías. Analízanse as operacións con funcións, tanto dende o punto de vista gráfico , como alxébrico. Translación e dilatación de funcións. Estudio da inversa dunha función.

C-5:   Resolución de sistemas de ecuacións lineais, non lineais e inecuacións con GeoGebra. Blanco Mira, Lucía; Pérez López, Paula; Danis Viqueira, Ainhoa. IES Nº 1 de Ordes.
Estudio  gráfico da resolución de sistemas de ecuacións lineais. Problemas que presenta a resolución gráfica de sistemas con ecuacións non lineais, e procedementos para salvar estas dificultades. Estudio da Rexión factible e o cálculo de vértices.

C-6:   Xogos en GeoGebra: Pong. Lobeiras Blanco, Jacobo. Facultade de Ciencias da Educación. Universidade da Coruña.
Usarase o antigo xogo “Pong” como exemplo sinxelo para demostrar os conceptos básicos necesarios para abordar a elaboración de xogosen GeoGebra. Empregando as mesmas estratexias é posible construír outros xogos, animacións, parametrizar con fins didácticas ou actividades cun alto grao de interactividade (pequenos crebacabezas de lóxica ou xogos de azar probabilísticos). Aínda que a proposta pode servir como pequena introdución á programación máis xeral, en realidade apenas necesítanse usar funcións de linguaxe de scripting (“IniciarAnimacion” e “Valor”). Isto fai que mesmo poida ser apto para estudantes que se estean a familiarizar con GeoGebra.

C-7:   Calculadora de Programación Lineal. Sánchez Pereira, Iván. Colexio Santa Mª del Mar.
Presentación de construcións para o ensino e aprendizaxe da Programación Lineal na etapa de Bacharelato.

C-8:   Se a vida é un bingo, GeoGebra unha oportunidade…. Ruíz Núñez, Rosa María. Facultad de Educación “Duques de Soria” (Universidad de Valladolid).
​Para comezar a utilizar GeoGebra na aula necesitamos a nosa experiencia docente e os coñecementos matemáticos que posuímos. Pero, ademais, existe un requisito fundamental: contar cos nosos alumnos. Calquera proposta didáctica tería pouco sentido se non está destinada a satisfacer as súas necesidades de aprendizaxe.
Esta comunicación está baseada nunha experiencia que estou a levar a cabo con alumnos de 1º curso de Grao en Primaria, na materia “Fundamentos Numéricos e estratexias didácticas para o seu ensino”, pero moi ben podería utilizarse nos dous primeiros cursos de ESO. O contido matemático, o cálculo.
Con ela quero demostrar que aprender con eles sempre é posible.

C-9:   Mosaicos para teselar o plano. Maneiro Catoira, Roberto. IES Rafael Puga Ramón.
a) Construción dun hexágono regular a partires dun hexágono irregular. b) Construción dun hexágono regular a partires dun trapecio isósceles. Ámbolos dous casos teselan o plano.

C-10:   Actividade interdisciplinar co departamento de Galego. Maneiro Catoira, Roberto. IES Rafael Puga Ramón.
Rosetóns de templos galegos con Geogebra.

AGAPEMA  e a APM (Asociación do Profesorado de Matemáticas de Portugal) convocan a segunda edición da actividade “Matemáticas na Raia”, concurso de resolución de problemas dirixido ao alumnado de 3º  de ESO (9º ano en Portugal). A característica principal desta actividade consiste no fomento do traballo colaborativo, pois os equipos son grupos – clase completos.

A proba terá lugar o día 20 de abril e as inscricións están abertas ata o día 24 de marzo.

Xúntase un documento coas bases da actividade.

Podes inscribir ao teu grupo na ligazón http://www.agapema.org/?q=node/335

Anímate e participa!

 Un ano máis dende AGAPEMA poñemos en marcha unha edición da Olimpíada Matemática Galega, concurso de resolución de problemas dirixido ao alumnado de 2º curso de ESO. Dende a nosa asociación entendemos que nesta actividade faise realidade o lema de que “o importante non é gañar, senón participar”, procurando fomentar o traballo baseado na resolución de problemas en todas as aulas de Galicia.

Este ano temos como novidade principal a eliminación da fase de inscrición de centros, polo que se inscribirá directamente ao alumnado a través deste formulario.

As principais datas a ter en conta á hora de participar son as seguintes:

– Inscrición do alumnado: 23 de marzo

– Fase de zona: 27 de abril

– Fase final galega en Lugo: 18 de maio

Toda a información detallada, formularios de inscrición e mesmo probas de anos anteriores, pódense atopar na nosa web

Se tes algunha dúbida ou suxestión relacionada con esta actividade, podes contactar coa organización da mesma na dirección olimpiada@agapema.org

Esperamos contar coa túa participación.

Patrocina

Deputación de Lugo - Área de Cultura

A Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) e a Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) organizan a III Xornada de formación para elaborar proxectos de estatística. Esta xornada está dirixida a profesores de ESO e Bacharelato e vaise impartir nunha única edición en Santiago de Compostela.

Esta actividade, que conta coa homologación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, inclúe exposición de experiencias, obradoiros, e unha conferencia.

– Lugar: Facultade de Matemáticas, Santiago de Compostela.

– Datas: 26 de novembro de 2016.

– Horario: 9:30 – 14:00 e 15:30 – 19:30.

O programa provisional e o formulario de inscrición están na páxina web http://www.sgapeio.es/index.php/estatistica-no-ensino/1299-xornada-de-formacion-sgapeio-agapema-2016

O prazo de inscrición remata o 18 de novembro de 2016.

Scroll ao inicio