Cursos a distancia da Thales e congreso de SGAPEIO

Estimado presidente de AGAPEMA,

Con motivo da celebración o día 4 de novembro do día da “Ciencia en Galego”, organizarase unha pequena EXPOSICIÓN sobre a achega dalgúns dos organismos públicos galegos á ciencia en galego e sobre a muller galega na ciencia.

Esta exposición terá lugar no Pazo de Congresos de Pontevedra, aproveitando a celebración do 3 ao 5 de novembro do X Congreso de Estatística e Investigación de Operacións.

Rogamos trasladedes aos socios  de AGAPEMA a invitación para visitar esta exposición.

 Asemade, rogamos trasladedes a invitación aos vosos socios para asistir as dúas conferencias do congreso relacionadas coa Educación, que terán lugar na tarde do xoves 3 de novembro, xa que coidamos que poden resultarlles de interese:

 16:00-16:45 Conferencia: “Escuela 2.0. Nuevos usos didácticos de las TIC”

Antonio Pérez Sanz. Director do “Instituto de Tecnologías Educativas” do Ministerio de Educación.

 16:45-17:30 Conferencia: “La estadística en la enseñanza secundaria en Europa y en el bachillerato internacional”

Carla Moreira, Escola Secundária Padre Benjamim Salgado – Joane – V. N. Famalicão.(Portugal).

Rafael Romero e Francisco López. IES Rosalía de Castro, Santiago de Compostela.

 Xoves 3 de novembro. Salón de actos do Pazo de Congresos de Pontevedra.

 Se o considerades apropiado podedes poñer un enlace á web do congreso (http://xsgapeio.uvigo.es/) que permite acceder ao programa.

 Gracias anticipadas pola vosa colaboración.

Recibide un saúdo cordial de

Mª Carmen Iglesias Pérez

Dpto. Estadística e I.O.

Universidad de Vigo.

Presidenta comité organizador do X Congreso SGAPEIO:http://xsgapeio.uvigo.es/

X Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións

AMPLIACIÓN DO PRAZO PARA O ENVÍO DE TRABALLOS E TRÍPTICO

Adxuntamos otríptico do X Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións, que terá lugar en Pontevedra os días 3, 4 e 5 de novembro de 2011, organizado polo departamento de Estatística e Investigación de Operacións da Universidade de Vigo.

O Comité Organizador do congreso invita ó envío de traballos de investigación teóricos ou aplicados en todas as áreas da Estatística e a Investigación Operativa e informa que se amplía unha semana o prazo de envío de traballos.

Datas límites importantes actualizadas:

– Envío de traballos: 23 de setembro de 2011.

– Inscrición reducida: 30 de setembro de 2011.

– Notificación aceptación/rexeitamento de traballos: 30 de setembro de 2011.

Toda a información está dispoñible na páxina web do congreso: http://xsgapeio.uvigo.es/

Estimados amigos de AGAPEMA:

A Universidade de Vigo organiza un curso de formación, Estatística para Investigadores con “R”, que terá lugar do 1 o 30 de novembro de 2011, que penso que pode ser de interese para moitos membros de Agapema por alomenos duas razóns: Está recoñecido pola Consellería de Educación (http://www.edu.xunta.es/web/node/2868) como actividade de formación permanente a efectos de acreditación de profesorado, e trátase dun curso virtual, totalmente non presencial, polo que pode ser seguido sen problema algún de incompatibilidade con outras tarefas e en calquera horario, mesmo desde casa.

‘R’ é un programa estatístico de libre acceso, gratuito, actualmente o máis potente dos programas estatísticos de uso xeral, e estamos especialmente interesados na sua difusión entre todos aqueles que poideran aproveitalo.

A preinscripción xa está aberta, do 1 o 20 de outubro, e o criterio de admisión e a orde cronolóxica de solicitude. O precio está subvencionado (100 euros), e tedes máis información na web da Universidade de Vigo:  https://bubela.uvigo.es/curso/1390


Saudos
    Antonio Vaamonde
    Presidente da Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións  (Sgapeio)

.- Cursos a distancia da Sociedade Andaluza de Educación Matemática (SAEM-THALES)

Está aberto o prazo de inscrición para os novos cursos de formación a distancia organizados por SAREM-THALES. Toda a información dos cursos convocados e o formulario de inscrición están publicados na web: https://mileto.cica.es/mat11/edicion/

 As prazas para estes cursos son limitadas e aténdense por orde de inscrición. O periodo de inscrición remata o 30 de setenbro.

Achegamos información a propósito do “III CURSO DE FORMACIÓN SOBRE O PATRIMONIO LÚDICO: Xogo tradicional, deporte tradicional e educación”, que se celebrará en Melide os días 21 e 22 de outubro próximo, e que ten aberto o seu prazo de matrícula.

A actividade, homologada pola Consellería de Educación, pretende ofrecer unha oportunidade de formación aos educadores/as sobre o patrimonio lúdico galego, un dos máis ricos da Península, e sobre as posibilidades que este ofrece nos diferentes ámbitos da educación (sistema educativo regrado, tempo libre, traballo con persoas maiores…). 

Trátase, de regra, da única actividade de formación de libre acceso que actualmente se convoca en Galicia sobre o tema.

Os asistentes teñen a posibilidade de presentar comunicacións sobre experiencias educativas relacionadas co xogo tradicional.

Acceso ao programa do curso clicando aquí (tamén no arquivo achegado)                         PROGRAMA

Acceso á ficha de inscrición no curso clicando aquí                                                                                                        INSCRICIÓN     

Acceso a toda a información sobre o curso clicando aquí                                                                                           INFORMACIÓN

Páxina web da AGXPT:  www.agxpt.org

http://www.depontevedra.es/?1,611,2,335

Vieiros

En O Cartafol

http://www.agapema.org/files/14Cartafol13.pdf

En Diario de Ferrol

http://www.agapema.org/files/diariodeferrol.pdf

Scroll ao inicio