Nova Rede Educativa Dixital Descartes

A Rede Educativa Dixital Descartes é unha asociación non gubernamental que se constituíu o 1 de xuño de 2013. Fundada por profesoras e profesores que teñen unha historia conxunta construída, durante quince anos, desenrolando proxectos do Ministerio de Educación español, entre os que podemos citar o Proxecto Descartes, Educación Dixital a Distancia (EDAD), Canals, Pizarra Interactiva, Newton, Experimentación Didáctica na Aula, WikididácTICa e Buenas Practicas 2.0. Un traballo colaborativo realizado en torno ás Tecnoloxías da Información e da Comunicación e a súa aplicación no Ensino.

O desenrolo de materiais didácticos interactivos, a innovación e a experimentación na práctica educativa son contextos habituais no labor diario dos socios. O fin fundamental da asociación é promover a renovación e cambio metodolóxico nos procesos de aprendizaxe das Matemáticas utilizando para elo os recursos dixitales interactivos xerados coa ferramenta denominada Descartes, materiais cos que a atención á diversidade, e mesmo a atención personalizada, xurde de maneira natural tanto na aula coma fora dela, de xeito que numerosos termos ou conceptos que o profesorado, con outras metodoloxías, encadra habitualmente no ámbito teórico, aparecen implícitos nesta nova práctica educativa. A autonomía personal, a aprendizaxe significativa, a formación competencial é agora algo habitual.

A ferramenta Descartes é software libre e os materiais da Rede Descartes están publicados con licencia Creative-Commons polo que están a disposición de toda a comunidade educativa.

Todos os materiais están accesibles desde o dominio da asociación ProyectoDescartes.org – Materiais de Matemáticas

Como primicia, no inicio desta nova etapa como organización non gubernamental está prevista a próxima liberación dunha nova versión de Descartes coa que os materiais desenrolados adéntranse, coa mesma interactividade habitual, no contexto das novas pizarras tecnolóxicas (tabletas e teléfonos intelixentes).

Desde a Rede Descartes lánzase unha invitación a formar parte desta asociación e ademais podedes escribir ao enderezo de correo electrónico descartes@proyectodescartes.org para o que estimedes oportuno.

LIGAZÓNS

DOMINIO DA REDD: ProyectoDescartes.org

RECURSOS DESCARTES PARA MATEMÁTICAS: http://arquimedes.matem.unam.mx/descartes.org.mx/descartes/web/

BLOG da REDD: http://reddescartes.blogspot.com.es/

VIDEO DE PRESENTACIÓN: http://youtu.be/podf-jQjxaM

Scroll ao inicio