O VII Congreso de Educación matemática de AGAPEMA celebrarase na Facultade de Matemáticas de Santiago os vindeiros días 26 e 27 de setembro de 2014. Un ano máis pretendemos que esta actividade se converta nun foro no de presentación dos traballos e iniciativas máis salientables realizados en Galicia no eido da educación matemática.
Dende AGAPEMA somos conscientes da importancia do ensino dende os primeiros niveis educativos e queremos invitar dun xeito especial ao profesorado de Infantil e Primaria a participar neste congreso.
CONFERENCIAS PLENARIAS
Xa temos pechadas as dúas conferencias plenarias para o Congreso, e temos que dicir que é un orgullo poder contar coa presenza de dous grandes profesionais das matemáticas e grandes divulgadores: Clara Grima e Pedro Alegría.
Clara Grima é doctora en Matemáticas e profesora titular da área de Matemática Aplicada da Universidade de Sevilla. Ademais do seu labor docente e investigador é unha recoñecida divulgadora das Matemáticas. Ten publicado un libro Hasta el infinito y más allá editado por Espasa, onde nos achega determinados conceptos matemáticos dunha maneira moi práctica e orixinal a través dunha personaxe creada por ela, Mati. Clara Grima escribe actualmente para JotDown, CienciaXplora, eldiario.es, Naukas e 20minutos. Será unha honra que abra o noso Congreso. Podes acceder a máis información sobre o seu traballo aquí.
Pedro Alegría é doctor en Matemáticas e profesor da Universidade do País Vasco, faceta coa que desde hai moitos anos comparte coa súa outra grande paixón: a maxía. Ten publicados varios libros, entre outros, Magia por Principios, onde recolle a súa ampla experiencia como mago e profesor. A el lle corresponde poñer o broche de ouro a este evento.
PROGRAMA
Xa temos o programa definitivo para o Congreso:
http://agapema.org/files/Programa_AgapemaVII.pdf
INSCRICIÓN
O formulario e as normas de inscrición están á vosa disposición na seguinte ligazón:
http://www.agapema.org/?q=InscricionVIICongreso
Pouco a pouco iremos ampliando a información sobre relatores, conferenciantes, etc.
ANÍMATE E PARTICIPA!