Unha vez corrixidas as respostas dos grupos participantes, a comisión organizadora da actividade “Matemáticas na Raia” decidiu que o grupo gañador é o de 3º A do IES “As Bizocas” de O Grove, inscrito pola profesora Mª Jesús Goldar Souto.
Parabéns para alumnado e profesora!
Dende AGAPEMA queremos dar as grazas ao profesorado e ao alumnado que participaron e colaboraron nesta primeira edición desta actividade. esperamos contar con eles e con moitos máis nas vindeiras edicións.
Podedes consultar os problemas desta edición no arquivo adxunto.