Acta do concurso de Esopías. IX Feira Matemática

Reunido o xurado do III Concurso de Esopías da IX Feira Matemática 2015, formado por:

Presidenta:  Dna. Teresa Acosta Puente, Profesora de Matemáticas.

Secretario: D. Gonzalo Temperán Becerra, Catedrático de Matemáticas en Secundaria..

Dna. Rosario Corral Barca, Catedrática de Lingua Castelá en Secundaria.

Dna. María Jesús Frey Collazo, Catedrática de Latín en Secundaria.

Dna. María José Sánchez López, Profesora de Lingua Galega.

D. Xabier Seoane Rivas, Catedrático de Lingua Galega en Secundaria.

Decidiu outorgar os seguintes premios:

Categoría: Educación Primaria e primeiro ciclo da ESO

“Bus e tren e barco…”

 Autora: Aisha Dhima Rodríguez, alumna de 5º curso de E. Primaria do CEIP San Francisco Javier (A Coruña).

Categoría: Segundo ciclo da ESO e Bacharelato

“Vén o aire…”

 Autor: Alberto García Fernández, alumno de 1º curso de Bacharelato do IES Pintor Colmeiro (Silleda).

Categoría: Adultos

“Día D. Hora H…”

 Autora: Hortensia Fernández Lorenzo.

Categoría: Obra máis votada na web

“Vin a Sara e dixen”

 Autora: Patricia Calvo Blanco, alumna de  2º curso de E.S.O. do IES Maruxa Mallo (Ordes).

                En A Coruña, a 16 de maio de 2015

“Bus e tren e barco…”   (Aisha Dhima Rodríguez)

Bus e tren e barco levarante da Coruña vella ata illas lonxanas. Afastados terreos dominados por un rei namorado. Amor propio, ao propio amar.

 “Vén o aire…”   (Alberto García Fernández)

Vén o aire,

a brisa agarimosa do mencer;

sendo tan forte,

delicada, primorosa;

batendo intrépida.

Vén co sol tardeiro

como saíndo co solpor.

“Día D. Hora H…”   (Hortensia Fernández Lorenzo)

Dia D. Hora H. Nuevo desahucio en marcha. Niños con mocos, llorosos, tiritando. Negocio desalmado con el que forrarse, pero contra el ladrón… nada.

“Vin a Sara e dixen” (Patricia Calvo Blanco)

Vin a Sara e dixen: Fenomenal! ¿Ti queres estar nos shows teatrais creativos durante festivais que se fan cantando para axudar ao alumno Xose?

Scroll ao inicio