Acta do concurso de Fotografía. IX Feira Matemática

Reunido o xurado do IX Concurso de Fotografía Matemática da IX Feira Matemática 2015, constituído  por:

Presidenta: Dna. Sandra Sambade Nieto, Profesora de Matemáticas.

Dna. Josebe Arrillaga Chopitea, Profesora de Educación Plástica e Visual.

Secretario: D. Javier Díaz Martos, Fotógrafo en OM Colectivo.

Decidiu outorgar os seguintes premios:

Categoría: Educación Primaria e primeiro ciclo da ESO

“Árbol de Pitágoras con Legos”

 Autor: Javier Baltasar Pérez Losada, alumno de 4º curso de E.Primaria do Colexio Los Sauces.

Categoría: Segundo ciclo da ESO e Bacharelato

“Equilátero Morrón”

 Autora: Paloma Otero López, alumna de 3º curso de E.S.O. doIES Gonzalo Torrente Ballester.

Categoría: Adultos

“Sucesións de partidas, de números, ángulos e liñas”

 Autora: Zeltia Iglesias Rodríguez.

Categoría: Obra máis votada na web

“Portería, portero, fútbol…¡Xeometría!”

 Autor: Ángel Vila Pereira, alumno de 5º curso de E. Primaria. do CEIP Rebordans, de Tui.

                En A Coruña, a 16 de maio de 2015

“Árbol de Pitágoras con Legos” (Javier Baltasar Pérez Losada)

El Árbol de Pitágoras es un fractal construido con cuadrados; lleva el nombre del matemático griego porque en cada unión de 3 cuadrados se forma un triángulo rectángulo.

Un fractal es un objeto geométrico cuya estructura básica se repite a diferentes escalas, si coges una lupa o un microscopio verás siempre lo mismo.

La construcción empieza con un cuadrado. Sobre este se construyen dos cuadrados, cada uno reducido tal que las esquinas coincidan. Esto se repite hasta el infinito, ¡pero no tengo minilegos para continuar!

¿Cómo? ¿También es una imagen especular? ¡Lo tenéis que averiguar!

“Equilátero Morrón”   (Paloma Otero López)

Tomando como base o xogo e mentres axudaba na cociña da miña casa ocorréuseme que sen desperdiciar os alimentos tamén un se podía divertir un antes de comelos. Despois de cortar o pemento, e antes de cociñalo, púxenme a darlle voltas e construír figuras xeométricas, espirais, curvas, … Finalmente decanteime por este triángulo “equilátero morrón”.

“Sucesións de partidas, de números, ángulos e liñas”   (Zeltia Iglesias Rodríguez)

Ademais do propio contido matemático que presenta o xogo do Dominó, a distribución das pezas nesta composición fotográfica amosa diversas sucesións matemáticas: as espirais que forman as pezas aliñadas, o número da parte inferior das pezas e as veces que aparece e a variación do ángulo que hai entre pezas consecutivas.

“Portería, porteiro, fútbol…¡Xeometría!” (Ángel Vila Pereira)

Durante un partido de fútbol, na portería claramente había …XEOMETRÍA!!

Scroll ao inicio