VIII CIBEM en Madrid

Dende o 1 de outubro está aberto o prazo de inscrición e presentación de traballos para o VIII CIBEM (Congreso Iberoamericano de Educación Matemática), que se celebrará en Madrid do 10 ao 14 de xullo de 2017. Este congreso engloba tamén as XVIII JAEM.

O CIBEM é convocado pola FISEM (Federación Iberoamericana de Sociedades de Educación Matemática), correspondendo a organización desta oitava edición á FESPM e á Sociedade Madrileña de Profesores de Matemáticas “Emma Castellnuovo”.

Tedes toda a información sobre esta actividade na súa páxina web www.cibem.org

Animádevos e participade!

Scroll ao inicio