O 28 de novembro celebrouse no IES Eusebio da Guarda de A Coruña a actividade “Xornada de Matemática Recreativa: As Matemáticas de Coque”, coa que dende AGAPEMA quixemos render homenaxe ao noso mestre e compañeiro Manuel Pazos Crespo, “Coque”.
Nesta xornada fixéronse presentes algunhas das ideas que guiaron o traballo de Coque ao longo da súa carreira profesional: a importancia dunha boa actitude do alumnado no ensino das Matemáticas, a necesidade de que a diversión e o xogo estean presentes nas aulas, o emprego de recursos didácticos sorprendentes e variados…
Podes consultar o programa da Xornada no documento adxunto ao final desta entrada.
A asistencia foi numerosa, alcanzáronse as bos expectativas de participación e o Salón de Áctos do instituto estivo cheo para as dúas conferencias, de Luís Balbuena e Tony Martín. Tamén desfrutamos da representación da “Historia do TANGRAM”, conto sobre este material didáctico que inventara e gustaba representar Coque cando estaba de mestre no Colexio de Laracha e que nesta ocasión foi levado a escena por seus compañeiros do Grupo OCTÓGONO.
Podedes ver unhas fotografías da Xornada neste enlace.
Moitas grazas a todos pola participación!