Aberto o prazo de inscrición para Matemáticas na Raia

Xa temos aberto o prazo para a participación na edición 2024 de Matemáticas na raia. Anímate a participar! O prazo de inscrición remata o 25 de marzo.

Este ano as probas serán o 11 de abril, como todos os anos no propio centro e debe haber unha profesora ou profesor responsable do grupo que o día da proba terá que ir vixiar nun centro dos da contorna.

Matemáticas na Raia é unha actividade para 3º de ESO na que participa todo o grupo clase, podes saber máis sobre ela na nosa sección de actividades.

Scroll ao inicio