Día de matemáticas na rúa

O pasado domingo 12 de maio, as Matemáticas saíron á rúa en Pontevedra. Compañeiras e compañeiros de AGAPEMA fixeron que a nosa materia fora accesible a todas aquelas persoas que quixeron achegarse a “tocar” as matemáticas.

O día escolar das matemáticas, grazas a esta iniciativa de AGAPEMA, tivo, tamén, a súa repercusión nos medios de comunicación. Facendo clic aquí, podedes acceder á nova na TVG. E, nesta outra ligazón, podedes acceder á nova no Faro de Vigo.

Compartimos con vós o arquivo .stl da lagartixa inspirada en Escher para que poidades imprimilo nunha impresora 3D e vos divirtades como o fixemos nós montando o mosaico. Coidado que engancha!

Aquí tedes a ligazón a ese arquivo.

Scroll ao inicio