Xornada de formación SGAPEIO – AGAPEMA 2024

A Sociedade Galega para a Promocion da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) e a Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) organizan a XII XORNADA DE FORMACIÓN PARA ELABORAR PROXECTOS DE ESTATÍSTICA. Esta xornada está dirixida a profesorado de materias STEM de educación secundaria en centros públicos e concertados. Impartirase nunha única edición presencial na Facultade de Matemáticas da USC.

Lugar: Aula Magna da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.

Data de celebración: 23 de novembro de 2024 en horario de 10:00 a 20:00

Para inscribirte accede, facendo clic aquí, á páxina da SGAPEIO, onde atoparás toda a información e o formulario de inscrición.

Na ligazón podes descargar o programa da actividade.

Scroll ao inicio