Aberto o prazo de inscrición para a Olimpíada Matemática de 2º ESO

Xa temos á vista a Olimpíada Matemática de 2o da ESO do ano 2025, onde seguiremos as dinámicas establecidas nos últimos anos animándovos a que participedes e envolvades ao voso alumnado.

Trátase dunha actividade enfocada á creatividade, reflexión e aplicación á resolución de problemas dos instrumentos matemáticos que aprendemos a utilizar no noso día a día.

Para inscrivirvos deberedes cumprimentar o correspondente formulario antes do 24 de marzo de 2025.

A Fase de Zona será o xoves 24 de abril e a Final Galega o xoves 15 de maio en Lugo.

Tedes máis información na páxina da Olimpíada desta web de AGAPEMA.

Fagamos que pensen e chouten alén dos seus cálculos!

Scroll ao inicio