Novo número da revista Gamma

Informámosvos de que xa está dispoñible na web de AGAPEMA un novo número da revista Gamma: o número 15. Nesta revista matemática poderedes atopar artigos de interese, varias seccións fixas sobre diferentes temas relacionados coa divulgación e ensino das matemáticas, así como resumos das actividades nas que a nosa asociación está presente como organizadora ou colaboradora.

A revista publícase unicamente en formato dixital, máis concretamente en PDF. Podedes descargalo na ligazón agapema.org/gamma, onde ademais atoparedes todos os artigos por separado. O comité editorial convídate a ler e gozar esta nova edición da revista. Ao mesmo tempo, queremos animarvos a colaborar para o próximo número, o 16, que esperamos vexa a luz dentro dun ano. Así mesmo, tamén queremos pedirvos que, na medida do posible, axudedes a difundir esta revista e animedes a outras persoas a participar. Seguro que coñecedes a alguén que estea realizando algún traballo coas matemáticas que mereza a pena difundir.

Se estás interesado en participar no proceso de edición ou queres colaborar na redacción dun artigo, podes contactar co equipo editorial vía correo electrónico, escribindo a  gamma@agapema.org.

O comité editorial de Gamma

Scroll ao inicio