Final Olimpíada Matemática Galega

O xoves 15 de maio celebrouse en Lugo a fase final da Olimpíada Matemática Galega. 40 rapaces e rapazas achegáronse a cidade das murallas a vivir unha xornada de festa nun ambiente de compañeirismo e amor polas matemáticas.

Aínda que a parte competitiva pensamos que é secundaria, cómpre dar a coñecer o cadro de honra:
Os tres primeiros postos foron para:
Xoel Aneiros Rodríguez – IES Rosalía de Castro
Dylan Simoes Rúa – IES Castelao
Gabriel Rodríguez Pinal – María Auxiliadora Ourense

Mención de Honra
Alba Valeria Cores Iglesias – IES O Carril

Premio á Beleza Matemática
Ariel Torres Calvo – IES Breamo

Parabéns a todos os participantes e aos seus acompañantes por facernos desfrutar tanto deste día.

Scroll ao inicio