X Congreso de AGAPEMA. “25 anos tecendo redes”

Os días 17 e 18 de outubro de 2025 celebraremos o X Congreso de AGAPEMA baixo o lema “25 anos tecendo redes”. Deixámosvos abaixo a información relevante:

Prazo de presentación de traballos: Ata o 21 de setembro de 2025

Prazo de inscrición: Ata o 10 de outubro de 2025. Podedes inscribirvos facendo clic aquí.

Recordade que o congreso é gratuíto para persoas socias de AGAPEMA ou de calquera outra sociedade federada na FESPM.

As persoas non socias deberán aboar a cantidade de 30€ mediante transferencia bancaria á conta ES95 2080 5152 5730 4002 0123 e, unha vez realizada, remitirán o xustificante de pago mediante correo electrónico a presidente@agapema.org

Este X Congreso de AGAPEMA será homologado pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Computaranse 12 horas para os efectos oportunos.

Scroll ao inicio