Temos xa enriba a Olimpíada Matemática de segundo da ESO do ano 2026, onde seguiremos as dinámicas establecidas nos últimos anos animándovos a que participedes e envolvades ao voso alumnado. Trátase dunha actividade enfocada á creatividade, reflexión e aplicación á resolución de problemas dos instrumentos matemáticos que aprendemos a utilizar no noso día a día.
Para inscribirvos, tedes que cumprimentar o seguinte formulario antes do día 24 de marzo de 2026.
A Fase de Zona será o xoves 23 de abril e a Final Galega o xoves 23 de maio en Lugo.
Este ano ademais a Fase Final Española desenvolverase en Lugo entre os días 24 e 27 de xuño.
Tedes máis información na páxina da Olimpiada da web de AGAPEMA.
Fagamos que pensen e chouten alén dos seus cálculos!

