Estimados compañeiros/as:
A Fase de Zona do XXV Rebumbio Matemático Galego para 6.º curso de Educación Primaria, convocado por AGAPEMA, terá lugar o venres, 24 de abril, ás 10:30 h., en cada unha das sedes.
Na Zona de Ferrol non hai o mínimo de 5 equipos para participar, polo que terán que xuntarse cos da zona da Coruña, por ser a máis próxima.
A proba consistirá na resolución polo grupo, de xeito cooperativo, de cinco actividades. O alumnado disporá dun tempo máximo de dúas horas e deberá ir provisto de calculadora e material de debuxo (regra…) Na valoración das actividades primará o método empregado, a súa orixinalidade, a claridade no desenvolvemento…
O alumnado debe traer ese día algunha identificación, preferentemente o DNI. Se non o ten suxerimos a súa identificación por algún dos procedementos seguintes: carné do centro ou da biblioteca, ou ben certificación do centro coa foto do alumno e selada.
A presentación dos equipos na sede correspondente será ás 10:30
Ás 11 h abrirase o sobre lacrado coas probas, e terán ata as 13 h para solucionar as actividades.
Ás 11:30 h poñeranse en contacto os encargados de cada zona coa responsable da Coruña, para comunicar o número de grupos que se presentaron, e facer o reparto proporcional de equipos a clasificar para a fase final en cada unha delas.
A lista dos 15 equipos participantes na fase final o 22 de maio colocarase na páxina web http://www.agapema.org e comunicarase aos centros o día 4 de maio.
A proba da fase de zona desenvolverase segundo o seguinte programa:
| 10:30 h | Recepción dos participantes: benvida e información do desenvolvemento das probas e da sesión, en xeral. |
| 11:00 h | Comezo das probas para o alumnado. |
| 13:00 h | Remate das probas. |
Enviamos tamén, e colgaremos na web, os nomes dos grupos e os alumnos que participarán na fase de zona.
Os lugares de celebración da proba en cada zona, e a persoa de AGAPEMA responsable da mesma, figuran no cadro da páxina seguinte:
| Zona | Sede | Grupos |
| A CORUÑA | Forum Metropolitano R/ Río Monelos 115006 A Coruña Tfno.- 981184293 Isabel Miguélez | 30 |
LUGO | Círculo das Artes Praza Maior 2327001 Lugo Manuel Vilariño | 5 |
| OURENSE | IES Universidade Laboral Avenida da Universidade 18, 32005 Ourense Tfno.- 988241533 Ricardo Padrón Chao | 10 |
| PONTEVEDRA | IES A Xunqueira I Rua Alexandre Bóveda. 36005 Pontevedra Tfno.- 886159721 Marina Germiñas | 8 |
| SANTIAGO | Facultade de Ciencias da Educación. Campus Norte.Aula 1 Av. Xoán XXIII.15704 Santiago Tfno.- 881812016 Teresa Fernández Blanco | 17 |
| VIGO | CPR Rosalía de Castro Estrada de Bembrive, 9136214 Vigo Tfno.- 986420433 Emilio Fernández Fontenla | 8 |
Un saúdo a todos os participantes.
Polo Comité Organizador,
Isabel Miguélez

