Feira Matemática - Inscrición
Se queredes participar enchendo un posto cos vosos estudantes e aportando actividades, poderedes inscribirvos neste formulario.
As entidades colaboradoras que non precisen stand e requiran dunha ubicación específica no recinto para instalar o seu material non é preciso que cubran o formulario de inscrición. Deberán contactar connosco no correo feiramatematica@agapema.org especificando no corpo da mensaxe todo o relativo á instalación do mesmo, así como o número de asistentes.
Todos os stands constarán de dúas mesas de lonxitudes aproximadas 100×40 cm (longo x ancho), 3 cadeiras e un punto de corrente. A altura das mesas e de 100 cm aproximadamente.
- Prazo: 28 de febreiro de 2026 (ou ata completar aforo)
- Postos: Limitados
