Xa temos aberto o prazo para a participación na edición 2024 de Matemáticas na raia. Anímate a participar! O prazo de inscrición remata o 25 de marzo.

Este ano as probas serán o 11 de abril, como todos os anos no propio centro e debe haber unha profesora ou profesor responsable do grupo que o día da proba terá que ir vixiar nun centro dos da contorna.

Matemáticas na Raia é unha actividade para 3º de ESO na que participa todo o grupo clase, podes saber máis sobre ela na nosa sección de actividades.

A Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) na súa intención de establecer e manter vivo o contacto permanente cos Centros de Educación Primaria e co seu profesorado, especialmente co de matemáticas, convoca por 23ª vez esta actividade coa finalidade de contribuír á mellora da educación en xeral, e do proceso de ensinanza – aprendizaxe das matemáticas en particular.

O equipo gañador desta edición será convidado a participar na VI OMNA (Olimpíada Matemática Nacional Alevín), que terá lugar en Madrid no mes de xuño de 2024.

Trátase dunha actividade que tenta fomentar o espírito cooperativo e de traballo en grupo. De aí a súa estrutura e o seu desenvolvemento. As actividades matemáticas a desenvolver serán variadas, alternándose as de tipo manipulativo coas de dedución e razoamento, de xeito que motiven aos participantes.

Os centros que desexen participar formalizarán, antes do 1 de marzo de 2024, a súa inscrición en liña, indicando o número de equipos (un por clase) que van a participar e o profesorado responsable da participación, no formulario de inscrición.

Antes do 1 de abril de 2024, cada Centro comunicará os nomes dos participantes que forman cada equipo cubrindo a ficha do formulario de zona.

Para calquera comunicación coa organización débese utilizar o correo electrónico rebumbio@agapema.org

Xa temos aberto o prazo para a participación na Olimpíada Matemática 2024 de 2o da ESO. Anímate a participar!

Aquí podes ver unha táboa coas datas importantes:

DATAHORATAREFAOBSERVACIÓNS
Fin prazo inscrición de CentrosPara simplicar o proceso elimínase esta fase.
25 marzoFin prazo inscrición de alumnadoFormulario con todos os datos do alumnado participante
25  abril11hProbas fase de zona
5 maioPublícase a relación de finalistas
23 maioFinal da fase galega en Lugo
14-18 xuñoFinal da fase española en CáceresCon acompañantes da organización

LUGARES de CELEBRACIÓN da FASE de ZONA:
– Zona A Coruña: Facultade Ciencias da Educación – Campus de Elviña
– Zona Ferrol: IES de Canido
– Zona Lugo: Círculo das Artes – Praza Maior
– Zona Ourense: CFR A. Cuña
– Zona Pontevedra: IES A Xunqueira 1
– Zona Santiago: Facultade Ciencias da Educación – Campus Norte Avda. Xoán XXIII
– Zona Vigo: IES Castelao

A fase final celebrarase en Lugo o xoves 23 de maio, e consistirá na resolución de 5 problemas coas mesmas bases que a fase de zona. O lugar de convocatoria é o Círculo das Artes situado na Praza Maior de Lugo ás 11:30h

Para contactar: olimpiada@agapema.org

A Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA), organiza o IX CONGRESO DE AGAPEMA. Esta xornada, dirixida a profesorado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria. Impartirase o venres 2 de 15:30 a 20:45 e o sábado 3 de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 no IES San Tomé de Freixeiro de Vigo.

Concedida a homologación pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia, cun recoñecemento de 12 horas.

O lema deste ano para o Día Escolar das Matemáticas é “As matemáticas dos volcáns”, o que vos pode dar unha idea para a preparación de actividades ou material. Nesta ligazón podedes descargar o material que María Charco Romero, investigadora do CSIC no Instituto de Geociencias (IGEO), ten preparado e que foi publicado no nº 101 da revista SUMA.

A celebración, dedicada a todas as etapas do ensino, consiste nunha Feira na que cada Centro, cada profesor, cada grupo de alumnos pode expoñer, vender, mercar unha ou máis propostas didácticas ou actividades entre as que considere oportuno.

Este ano a XVI FEIRA MATEMÁTICA celebrámola o 15 de abril, sábado, no Hall de Proa de PALEXCO, dende as 11 h ata as 20 h.

Convocamos tamén tres concursos: de Fotografía Matemática, de Matmonólogos e de Esopías. Para participar nestes concursos, tedes que entrar no MATEBLOG  o prazo para participar está ampliado ata o día 25 de marzo (a votación abrirase dende o 1 ata o 12 de abril). Os concursos están abertos a todos os que queiran participar, sexan estudantes de calquera nivel, profesorado ou calquera que o desexe.

Queremos contar coa vosa participación para ir enchendo isto, que quere ser un espazo de comunicación con todas e todos vós. Animádevos e non esquezades que contamos con todos, cos vosos traballos e colaboracións para poder levar adiante esta actividade que consideramos ambiciosa dabondo pero que paga a pena.

Se queredes participar enchendo un posto cos vosos estudantes e aportando actividades, poderedes inscríbiros neste formulario  (que estará aberto ata o 31 de marzo), pero como hai un número limitado de postos, poderá pecharse antes desa data se se ocupan todos os postos.

Por todo isto esperamos as vosas aportacións para que a Feira sexa unha realidade.

Conforme avancemos no tempo, iremos colocando nesta web as novas que teñamos e as informacións que vos poidan ser de utilidade, tanto para participar como ‘visitantes’ ou como ‘comerciantes’.

Quedades, polo tanto, convidados todas e todos a participar o 15 de abril de 2023 en Palexco na 

XVI Feira Matemática 

Dada a situación sanitaria por mor da COVID-19 algunhas das actividades de AGAPEMA foron suspendidas estes dous últimos anos, pero este ano queremos retomar a celebración da XV Feira Matemática.

Entre todas e todos cumpriremos e tentaremos garantir as medidas sanitarias para celebrar o Dia Escolar das Matemáticas o sábado día 30 de abril en PALEXCO, na Coruña.

PROGRAMA DA FEIRA

                                                                                          
Dende o ano 2000 celébrase en España o 12 de maio como Día Escolar das Matemáticas e en Agapema, na Zona de A Coruña, celebrámolo dun xeito especial, cunha FEIRA MATEMÁTICA.

O lema deste ano para o Día Escolar das Matemáticas é “As matemáticas nos camiños de Santiago”, o que vos pode dar unha idea para a preparación de actividades ou material.

A celebración, adicada a todas as etapas do ensino, consiste nunha Feira na que cada Centro, cada profesor, cada grupo de alumnos pode expoñer, vender, mercar unha ou máis propostas didácticas ou actividades entre as que considere oportuno.

Este ano a XV FEIRA MATEMÁTICA celebrámola o 30 de abril, sábado, no Hall de Proa de PALEXCO, dende as 11 h ata as 20 h.

Convocamos tamén tres concursos: de Fotografía Matemática, de Matmonólogos e de Esopías. Para participar nestes concursos, tedes que entrar no MATEBLOG (pechado o prazo, a votación abrirase dende o 18 ata o 27 de abril). Os concursos están abertos a todos os que queiran participar, sexan estudantes de calquer nivel, profesores ou calqueira que o desexe. (Ver premiados no último concurso)

Queremos contar coa vosa participación para ir enchendo isto, que quere ser un espazo de comunicación con todos vós. Animádevos e non esquezades que contamos con todos, cos vosos traballos e colaboracións para poder levar adiante esta actividade que consideramos ambiciosa dabondo pero que paga a pena.

Se queredes participar enchendo un posto cos vosos estudantes e aportando actividades, poderedes inscríbiros neste formulario  (que estará aberto ata o 18 de abril), pero como hai un número limitado de postos, poderá pecharse antes desa data se se ocupan todos os postos.

Por todo isto esperamos as vosas aportacións para que a Feira sexa unha realidade.

Conforme avancemos no tempo, iremos colocando nesta web as novas que teñamos e as informacións que vos poidan ser de utilidade, tanto para participar como ‘visitantes’ ou como ‘comerciantes’.

Quedades, polo tanto, convidados todas e todos a participar o 30 de abril de 2022, na

XV Feira Matemática 
en Palexco

Comisión organizadora:

Alberto Fortes Novoa (IES Garcia Barbón, Verín)
Carmen Peñamaría Ramón
Elena Segade Pampín (IES A Sardiñeira)
Enrique de la Torre Fernández (Fac. Ciencias da Educación. Univ. da Coruña)
Francisco Álvarez Fontenla
Francisco Vila Baleato (IES Alfredo Brañas, Carballo)
Isabel Miguélez Pose
Mª Cristina Naya Riveiro (Fac. Ciencias da Educación. Univ. da Coruña)
Mª Pilar Orizales Teijeiro (IES Rego de Trabe, Culleredo)
Óscar Dominguez Perez (CFR de A Coruña)
Raquel Seisdedos Hermo (IES Eduardo Blanco Amor, Culleredo)
Sandra Sambade Nieto (IES Miraflores, Oleiros)
Santiago López Arca

Contacto: feiramatematica@agapema.org

Xa temos aberto o prazo para a participación na Olimpiada Matemática 2022 de 2º da ESO.

  • O prazo de inscrición remata o 25 de marzo.
  • A Fase de Zona será o xoves 21 de abril.
  • A Fase Final Galega en Lugo o 26 de maio.
  • A finais de xuño terá lugar a Fase Final Española en Albacete e Cuenca,

Podes consultar o calendario coas bases, datas, prazos, formularios de inscrición e problemas doutros anos da Olimpiada premendo aquí

Anímate a participar!

A Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) na súa intención de establecer e manter vivo o contacto permanente cos Centros de Educación Primaria e co seu profesorado, especialmente co de matemáticas, convoca por 22ª vez esta actividade coa finalidade de contribuír á mellora da educación en xeral, e do proceso de ensinanza – aprendizaxe das matemáticas en particular.

O equipo gañador desta edición será convidado a participar na fase final da OMNA (Olimpíada Matemática Nacional Alevín), que terá lugar nas Illas Canarias no mes de xuño de 2023.

Trátase dunha actividade que tenta fomentar o espírito cooperativo e de traballo en grupo. De aí a súa estrutura e o seu desenvolvemento. As actividades matemáticas a desenvolver serán variadas, alternándose as de tipo manipulativo coas de dedución e razoamento, de xeito que motiven aos participantes.

Os centros que desexen participar formalizarán, antes do 1 de marzo de 2022, a súa inscrición en liña, indicando o número de equipos (un por clase) que van a participar e o profesorado responsable da participación, no formulario de inscrición

Para calquera comunicación coa organización débese utilizar o correo electrónico rebumbio@agapema.org

Na gran final da Olimpiada Matemática Galega de 2º de ESO, o xurado destaca, no marco dun traballo xeral de altísima calidade, os seguintes participantes:

“Premio mellor equipo do Circuito Matemático” ao grupo “José Rodríguez, matemático do Berbés”

“Premio á Beleza Matemática” para Valentín Magdalena de IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela

Os 3 finalistas, representantes de Galicia na fase española son:

Brais Rodríguez Rodríguez do IES Río Cabe de Monforte de Lemos

Lara López Suárez do IES Xulián Magariños de Negreira

Daniel Piqueras Valle do IES Perdouro de Burela

A fase española celebrarase en Valladolid do 21 ao 25 de xuño. Toda a info aquí

Os gañadores e gañadoras fostes todos e todas vós

Vídeo resumo realizado pola Fundación TIC

Scroll ao inicio