A ciencia galega está de loito pola recente perda de María Josefa Wonenburger Planells, quen faleceu o día 14 de xuño de 2014. Son moitos os méritos profesionais que adornan o seu currículum, pero dende AGAPEMA queremos destacar o seu carácter, a súa forza (que a fixo ser pioneira na ciencia galega e española), e a súa boa disposición para colaborar tanto en actividades científicas como divulgativas.
Socia de honra de AGAPEMA dende o ano 2006, os que tivemos a honra de coñecela queremos enviar unha forte aperta a toda a familia e aos seus seres queridos.
Como última homenaxe á súa persoa, lembramos neste momento a entrevista que concedeu á nosa revista Gamma, no ano 2007.