Do 24 ao 28 de xuño pasado celebrouse no IES Pirámide de Huesca a fase final da Olimpíada Matemática para estudantes de 2º curso de E.S.O.
Dende Galicia acudiron os tres finalistas:
– Isabel Gradaílle Gil do IES do Castro de Vigo
– Iván González Cortegoso do IES Blanco Amor de Ourense
– José Pazos Pérez do IES Otero Pedrayo de A Coruña
O programa foi moi intenso e todos disfrutaron das probas e de todas as actividades e visitas organizadas.
O portal oficial da Olimpíada é: https://sites.google.com/site/2015omn/
O noso representante José Pazos acadou “Mención de Honor” como membro do equipo ganador no Concurso de Fotografía Matemática.
Nestes enlaces están os problemas da proba individual e da proba por equipos.
Podedes ver una selección de fotos que repasan a vida nestes cinco interesantes días.