Co motivo do cabodano de María Wonenburger, celebrouse un pequeno acto, depositando unhas flores do seu xardín, diante do monolito dedicado a ela, situado na rúa das Ciencias no parque de Santa Margarida.
O acto foi o domingo 14 de xuño ás 11 da mañá.
Asistiron familiares, amigos e compañeiros, e tamén o recen elixido Alcalde de A Coruña, Xulio Ferreiro, xunto ao concelleiro de Cultura, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande.
Referencias nos medios:
La Opinión: 21/06/2015
El País: 17/06/2015, 14/06/2015
The Guardian: 15/06/2015
La Voz de Galicia: 14/06/2015, 15/06/2015
La Opinión: 14/06/2015
El Progreso: 14/06/2015
El Correo Gallego: 14/06/2015
TVG: 14/06/2015
TeleCinco: 14/06/2015