cabezallo

Convocatoria do XXII Rebumbio Matemático 2022-2023

Convocatoria do XXII Rebumbio Matemático

Relación de grupos clasificados para a Fase final, o día 26 de maio ás 10,30 h na Facultade de Ciencias da Educación, en A Coruña.

Problemas propostos na Fase de Zona                (posibles solucións)        Fotografías da fase de zona

Relación de equipos participantes.

Cartel Rebumbio 2023p Relación de centros participantes.

A Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) na súa intención de establecer e manter vivo o contacto permanente cos Centros de Educación Primaria e co seu profesorado, especialmente co de matemáticas, convoca por 22ª vez esta actividade coa finalidade de contribuír á mellora da educación en xeral, e do proceso de ensinanza - aprendizaxe das matemáticas en particular.

O equipo gañador desta edición será convidado a participar na fase final da OMNA (Olimpíada Matemática Nacional Alevín), que terá lugar nas Illas Canarias no mes de xuño de 2023.

Trátase dunha actividade que tenta fomentar o espírito cooperativo e de traballo en grupo. De aí a súa estrutura e o seu desenvolvemento. As actividades matemáticas a desenvolver serán variadas, alternándose as de tipo manipulativo coas de dedución e razoamento, de xeito que motiven aos participantes.

Os centros que desexen participar formalizarán, antes do 1 de marzo de 2023, a súa inscrición en liña, indicando o número de equipos (un por clase) que van a participar e o profesorado responsable da participación, no formulario de inscrición (pechado).

Antes do 1 de abril de 2023, cada Centro comunicará os nomes dos participantes que forman cada equipo cubrindo a ficha do formulario de zona.

Para calquera comunicación coa organización débese utilizar o correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Pódense consultar os problemas doutras edicións aqui