Gamma

Gamma é a revista da nosa asociación, onde recollemos traballos/experiencias/investigación de interese para as e os docentes das matemáticas.

GAMMA 14

Febreiro de 2024

Moi ao noso pesar e debido a distintas circunstancias, tivo que pasar practicamente unha década enteira dende a publicación do número 13 de Gamma, tras o que se rachou cunha xeira que levara á edición de trece volumes da revista en catorce anos. De cara ao IX Congreso de AGAPEMA, celebrado en febreiro do 2024, formouse un grupo de traballo renovado coa misión de retomar a revista e sacar adiante un novo número, o 14.

Seguindo a liña iniciada no número 13 continuamos agora tan só en formato electrónico. En consonancia cos tempos que corren, as facilidades que ofrece o soporte dixital decantaron a decisión: dende as menores necesidades económicas ata as oportunidades que supón no tocante ao labor de edición, maquetación e distribución. Sospeitamos que a edición electrónica chegou para quedarse.

Calquera persoa que consulte o número 13 de Gamma comprobará que este 14 non trae cambios na estrutura. No apartado Colaboracións figuran os artigos propios dunha revista de investigación e divulgación, é un bloque aberto para que calquera que se anime escriba sobre innovación, actividades de aula, investigación, recursos que empregades, etc. Por outra banda, as Seccións son fixas e permiten dotar á revista dunha liña común. O bloque de Actividades existe para dar visibilidade ao traballo que profesorado e alumnado realiza dentro da asociación.

No número 14 renovouse o aspecto visual, deseñando novos elementos gráficos como é o logo da revista. Nel realízase un xogo tipográfico acoplando o símbolo “gamma” no propio termo, enlazando deste xeito as súas grafías. Por outra banda, a maquetación engloba ese novo deseño, relacionando coas cores da portada, o logo e as propias seccións; formando así un conxunto compacto e característico en cada número.

Este número recolle o esforzo dun equipo por continuar coa calidade que GAMMA representa e aquí está para ser xulgado. Non seriamos xustos se non agradecésemos os apoios que tivemos neste comezo. O de Luis Puig, como membro da anterior dirección, que nos asesorou facendo que mellorásemos moitos aspectos da revista. María Miragaya, sempre cunha boa palabra e disposta a revisar os artigos, e Víctor Pollán, traballador incansable sempre disposto a axudar e a buscar colaboracións. E como non, a todos os que nos envían o seu traballo, que fan que o noso teña sentido e que son o celme da revista.

Agardamos ser dignos continuadores do anterior equipo e seguir sendo unha publicación de referencia na innovación e educación matemática galega.

Descargar por Sección

Números anteriores

Co título “Dez anos despois”, o anterior Director da revista, Luis Puig, facía reconto de dez anos de GAMMA e despedíase no anterior número da revista. Era setembro do 2012. Dous anos despois (e non un, como era de esperar) sae á luz un novo número de GAMMA que ten como novidade principal o seu formato dixital. O novo soporte da revista permite que a cor chegue a GAMMA e ao seu novo logotipo, e fai tamén que o seu formato de dúas columnas se vexa reducido a unha, co fin de facer máis cómoda a lectura. Pero o gran cambio ao formato dixital é a inclusión de hipertexto. Atoparemos texto resaltado distintas ocasións: para ir directamente a unha nota ao pé ou a unha referencia bibliográfica, para enlazar cunha páxina web á que fai referencia o texto ou para poder facer clic sobre o texto e abrir un arquivo de calquera tipo.

Este número recolle o esforzo dun equipo por continuar coa calidade que GAMMA representa e aquí está para ser xulgado. Non seriamos xustos se non agradecésemos os apoios que tivemos neste comezo. O de Luis Puig, como membro da anterior dirección, que nos asesorou facendo que mellorásemos moitos aspectos da revista. María Miragaya, sempre cunha boa palabra e disposta a revisar os artigos, e Víctor Pollán, traballador incansable sempre disposto a axudar e a buscar colaboracións. E como non, a todos os que nos envían o seu traballo, que fan que o noso teña sentido e que son o celme da revista.

Agardamos ser dignos continuadores do anterior equipo e seguir sendo unha publicación de referencia na innovación e educación matemática galega.

ARTIGOS

SECCIÓN

ACTIVIDADES

Scroll ao inicio