Gamma

Gamma é a revista da nosa asociación, onde recollemos traballos/experiencias/investigación de interese para as e os docentes das matemáticas.

GAMMA 15

Febreiro de 2025

Gamma consolídase como revista de referencia para o profesorado de Matemáticas de Galicia, reafirmando o seu compromiso cunha periodicidade anual. No número 15, a publicación mantén a súa estrutura habitual con tres grandes apartados: colaboracións, seccións e actividades. Ademais, incorpora dúas novas seccións: LaTeXando e Mate-riais, que amplían as posibilidades de participación e ofrecen recursos útiles para a práctica docente. A revista continúa a ser un espazo aberto para todas aquelas persoas que queiran compartir experiencias, innovacións e materiais educativos de interese para a comunidade matemática.

O equipo editorial quere destacar a importancia das colaboracións para dotar a Gamma de identidade propia en cada número, dando cabida a traballos de diferentes ámbitos: divulgación, innovación didáctica, pasatempos ou experiencias de aula entre outros. Xunto a isto, as seccións temáticas, como GeoGebra, OriGamma ou Matelecturas, seguen presentes e vense reforzadas con novas propostas. A revista tamén busca ser unha ponte cara ás novas tendencias dixitais e aos recursos educativos abertos como o proxecto cREAgal, e ofrece artigos específicos sobre a integración de ferramentas como Moodle ou eXeLearning.

Por outra banda, Gamma recolle e difunde as actividades organizadas por AGAPEMA, de forma que sexan amplamente coñecidas e poidan prolongar a súa existencia grazas á participación de todas e de todos. Este número tamén lanza unha reflexión sobre a necesidade de mellorar a formación do profesorado e de prestixiar a profesión docente, insistindo na importancia dunha preparación didáctica e dixital axeitada. Con esta visión, Gamma reafirma o seu compromiso coa educación matemática e coa comunidade docente galega.

Este número recolle o esforzo dun equipo por continuar coa calidade que GAMMA representa e aquí está para ser xulgado. Non seriamos xustos se non agradecésemos os apoios que tivemos neste comezo. O de Luis Puig, como membro da anterior dirección, que nos asesorou facendo que mellorásemos moitos aspectos da revista. María Miragaya, sempre cunha boa palabra e disposta a revisar os artigos, e Víctor Pollán, traballador incansable sempre disposto a axudar e a buscar colaboracións. E como non, a todos os que nos envían o seu traballo, que fan que o noso teña sentido e que son o celme da revista.

Agardamos ser dignos continuadores do anterior equipo e seguir sendo unha publicación de referencia na innovación e educación matemática galega.

Descargar por Sección

Números anteriores

Dende que se creou AGAPEMA no ano 2000, esta asociación vén desenvolvendo actividades de distinta tipoloxía, que van dende constituírse nunha vía de conexión para o profesorado galego de matemáticas ata a organización de competicións de resolución de problemas. Unha das máis importantes é o establecemento dun foro para a presentación dos traballos e as iniciativas máis salientables realizados en Galicia no eido da educación matemática: os Congresos. Coincidindo co VII Congreso de Educación Matemática de AGAPEMA, celebrado en Santiago de Compostela en setembro do ano 2014, foi precisamente cando viu a luz o que ata o de agora era o último número da revista Gamma. Por fortuna, non se tratou do derradeiro. Moi ao noso pesar e debido a distintas circunstancias, tivo que pasar practicamente unha década enteira dende a publicación daquel número 13 tras o que se rachou cunha xeira que levara á edición de trece volumes da revista en catorce anos. De cara ao IX Congreso de AGAPEMA, a celebrar en Vigo en febreiro do 2024, formouse un grupo de traballo renovado coa misión de retomar a revista e sacar adiante un novo número. As incorporacións e as súas achegas contribuíron a chegar a bo porto e que estas páxinas vexan a luz.

ARTIGOS

  1. Historias da curva do can
  2. Por que non usar Epidat?
  3. Medida en Educación Primaria
  4. Jogo e matemática
  5. Viaxe polo currículo canadense

SECCIÓNS

  1. Matemáticas na 7ª arte: As matemáticas dos Simpson
  2. GeoGebra: Árbores mínimas de Steiner
  3. OriGamma: Papirohistoria
  4. Matelecturas: Libros na colección Básicos Ciencia

ACTIVIDADES

  1. JAEM 2022
  2. XII Escuela Miguel de Guzmán
  3. Día GeoGebra de Galicia
  4. XIII Escuela Miguel de Guzmán
  5. XVI Feira Matemática
  6. Matemáticas na Raia
  7. Olimpíada Matemática Galega
  8. XXII Rebumbio Matemático

Co título “Dez anos despois”, o anterior Director da revista, Luis Puig, facía reconto de dez anos de GAMMA e despedíase no anterior número da revista. Era setembro do 2012. Dous anos despois (e non un, como era de esperar) sae á luz un novo número de GAMMA que ten como novidade principal o seu formato dixital. O novo soporte da revista permite que a cor chegue a GAMMA e ao seu novo logotipo, e fai tamén que o seu formato de dúas columnas se vexa reducido a unha, co fin de facer máis cómoda a lectura. Pero o gran cambio ao formato dixital é a inclusión de hipertexto. Atoparemos texto resaltado distintas ocasións: para ir directamente a unha nota ao pé ou a unha referencia bibliográfica, para enlazar cunha páxina web á que fai referencia o texto ou para poder facer clic sobre o texto e abrir un arquivo de calquera tipo.

Este número recolle o esforzo dun equipo por continuar coa calidade que GAMMA representa e aquí está para ser xulgado. Non seriamos xustos se non agradecésemos os apoios que tivemos neste comezo. O de Luis Puig, como membro da anterior dirección, que nos asesorou facendo que mellorásemos moitos aspectos da revista. María Miragaya, sempre cunha boa palabra e disposta a revisar os artigos, e Víctor Pollán, traballador incansable sempre disposto a axudar e a buscar colaboracións. E como non, a todos os que nos envían o seu traballo, que fan que o noso teña sentido e que son o celme da revista.

Agardamos ser dignos continuadores do anterior equipo e seguir sendo unha publicación de referencia na innovación e educación matemática galega.

ARTIGOS

SECCIÓN

ACTIVIDADES

Scroll ao inicio